Crea unha casa intelixente máis organizada e personalizada con Google Home. A aplicación Google Home permíteche configurar, xestionar e controlar os teus dispositivos Google Nest, wifi e Chromecast, ademais doutros moitos produtos de domótica compatibles (iluminación, cámaras, termóstatos…).
Personaliza a vista da casa.
Fixa na pestana Favoritos os dispositivos, automatizacións e accións máis utilizados para poder acceder facilmente a eles ao abrir a aplicación. Mira os feeds en directo das cámaras e timbres Nest e consulta comodamente o historial de eventos. Configura e xestiona as rutinas na pestana Automatizacións. Cambia nun chiscar de ollos calquera permiso na pestana unificada de configuración.
Unha ollada basta para estar ao día do que pasa na túa casa.
A aplicación Google Home está deseñada para mostrarche o estado da casa e informarte dos eventos que é posible que perdeses. Bótalle unha ollada cando queiras para ver un resumo dos últimos acontecementos na casa.
Controla a casa desde calquera lugar.
Con Google Home para Wear OS podes controlar os dispositivos de domótica compatibles desde o reloxo. Acende as luces, axusta o termóstato e recibe unha alerta cando teñas un paquete ou haxa alguén na porta. Usa o mosaico de favoritos ou engade un dispositivo á esfera do reloxo para que só teñas que tocar o pulso para xestionar a casa.
Unha casa útil é a que mantén a privacidade.
Para protexer a túa privacidade, usamos unha das infraestruturas de seguranza máis avanzadas do mundo, que está integrada directamente nos produtos de Google para que sexan seguros de forma predeterminada. Google utiliza os teus datos e dispositivos compatibles para que teñas unha casa práctica, aínda que es ti quen marca os límites. Visita o Centro de seguranza de Google Nest en safety.google/nest para obter máis información sobre como protexemos a túa información e respectamos a túa privacidade.
*Algúns produtos e funcións poden non estar dispoñibles en todas as rexións. É necesario utilizar dispositivos compatibles.
Última actualización
8 de maio de 2025